Agustín Yanel, de El Mundo, novo secretario xeral do Sindicato de Xornalistas de Madrid

O xornalista de El Mundo Agustín Yanel foi electo secretario xeral do Sindicato de Xornalistas de Madrid (SPM), en substitución de Manuel Mediavilla, no II Congreso desta organización.
No acto, celebrado esta fin de semana en Madrid, decidiuse tamén a elección de Ángel Gonzalo como vicesecretario xeral.

Nun comunicado, o SPM pediu ó presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, que cumpra a promesa lanzada cando estaba na oposición de promover un Estatuto do Xornalista Profesional.

O sindicato insta así mesmo ós grupos parlamentarios a que axilicen a tramitación deste Estatuto, "que teñen paralizado desde fai meses".

MADRID
EL MUNDO / SERVIMEDIA