A vindeira semana, oito concellos acollerán 17 obradoiros de "Xornalismo na Escola 'la Caixa'

  • Obradoiro de Xornalismo na Escola "la Caixa" celebrado no IES San Rosendo de Mondoñedo o pasado 19 de febreiro
  • Obradoiro de Xornalismo na Escola "la Caixa" celebrado no IES Nº 1 de Ribeira o pasado 26 de febreiro
  • Obradoiro de Xornalismo na Escola "la Caixa" celebrado no IES O Mosteirón de Sada o pasado 5 de marzo

A iniciativa 'Xornalismo na Escola "la Caixa"', posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’ para achegar os medios de comunicación aos máis novos, terá unha nova semana de intensa actividade con obradoiros en Coristanco (luns 19), Ponteareas (martes 20), A Baña (mércores 21), Poio (mércores 21 e xoves 22), Curtis (xoves 22), Vilanova de Arousa (xoves 22), Ourense (xoves 22) e Ames (venres 23).

O programa didáctico sobre os medios de comunicación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ´la Caixa` achegará o mundo do xornalismo ao alumnado do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, o IES de Barral en Ponteareas, o IES de Poio, o CPI de San Vicente na Baña, o IES de Curtis, o IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa, o IES Universidade Laboral de Ourense e o IES de Milladoiro en Ames. Así, o programa desta semana de obradoiros é o seguinte: 

  • Luns 19 no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, ás 12:35. Imparte o obradoiro Olalla Liñares García.
  • Martes 20 no IES de Barral en Ponteareas, ás 9:30 e ás 11:00. Imparte os obradoiros Paula Méndez Casais. 
  • Mércores 21 no IES de Poio, ás 9:50 e ás 12:50. Imparte os obradoiros Sara Martínez Fernández. 
  • Mércores 21 no CPI de San Vicente na Baña, ás 10:15 e ás 13:00. Imparte os obradoiros Olalla Liñares García. 
  • Xoves 22 no IES de Curtis, ás 10:30 e ás 12:30. Imparte os obradoiros Olalla Liñares García.
  • Xoves 22 no IES de Poio, ás 9:50 e ás 12:50. Imparte os obradoiros Sara Martínez Fernández.
  • Xoves 22 no IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa, ás 9:50 e ás 12:00. Imparte os obradoiros Paula Méndez Casais.
  • Xoves 22 no IES Universidade Laboral de Ourense, ás 10:30 e ás 12:30. Imparte os obradoiros Xosé Lois Carrión González.
  • Venres 23 no IES de Milladoiro en Ames, ás 8:50 e ás 12:50. Imparte os obradoiros Rosa María Bueno Crego. 

Estes obradoiros forman parte dun total de 90 que pretenden chegar a uns 3.000 rapaces e rapazas de toda a comunidade. Rosa María Bueno Crego, Xosé Lois Carrión González, Pablo Díaz Bouza, Maica García Rodríguez, Emilio Gómez Álvarez, Mónica González Alonso, Olalla Liñares García, Sara Martínez Fernández e Paula Méndez Casais son os e as xornalistas –todos eles con ampla traxectoria profesional– que están impartindo talleres en distintas localidades galegas.

Durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, os nove xornalistas tratarán de fomentar que a xuventude galega coñeza o funcionamento dos medios de comunicación, así como estimular o seu espírito crítico ante os contidos que se difunden nos distintos soportes offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou, tamén, como lle afecta á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

Este proxecto, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscola, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa. As dúas primeiras edicións de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ desenvolveron con grande éxito no 2016 e no 2017 máis de 150 talleres de comunicación en case setenta puntos da xeografía galega, levando estes obradoiros a miles de alumnos e alumnas da comunidade galega.

A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.

CPXG