A venezolana Telesur abre oficinas en Londres e Madrid

A televisión pública latinoamericana Telesur ten previsto chegar antes de maio a Europa, onde abrirá as súas dúas primeiras oficinas en Londres e en Madrid, para mostrar ó mundo a realidade latinoamericana como a ven os gobernos accionistas de Venezuela, Bolivia, Cuba e Arxentina, explicou o presidente da cadea.
Con esta iniciativa, Andrés Izarra espera que Telesur se constitúa nunha alternativa ós medios dominados por capital "do norte" e que ás veces non reflicten a realidade latinoamericana como é agora.

Nunha estanza en Londres para participar nun seminario sobre 'Os medios de comunicación na era das comunicacións globais', Izarra defendeu o papel integrador e de cohesión rexional de Telesur que, desde Caracas, emite o seu sinal a toda América.

Izarra, quen foi ministro de Comunicación do Goberno de Hugo Chávez, se mostrou decidido a "democratizar os espazos mediáticos de Latinoamérica, ata agora en mans privadas", para loitar contra a hexemonía estadounidense.

No seminario, Izarra defendeu que "non hai un país do mundo como Venezuela no que exista maior liberdade de expresión", aínda que escoitou as críticas doutros delegados latinoamericanos para os que Telesur está claramente ó servizo do Goberno de Hugo Chávez.

MADRID
PERIODISTAS-ES