A TIC súmase aos Premios Son Muller 2018 instituídos para homenaxear ás empresarias da provincia de Lugo

Presentación dos premios Son Muller (Foto: Fundación TIC)

A Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, súmase á homenaxe que se tributará o día 8 de Marzo ás mulleres da provincia de Lugo destacadas polo seu labor no eido empresarial. A TIC colabora nos Premios Son Muller 2018, instituídos pola Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, AELU, para recoñecer o traballo das empresarias da provincia e fomentar a participación da muller no entorno económico e social lucense.

Profesionais da TIC elaboraron o vídeo promocional destes premios, que tamén apoian a Deputación e o Concello de Lugo. A través dunha sucesión de rostros de mulleres, desde a de máis idade ata unha nena, o audiovisual fai un percorrido xeracional que reflicte a aquelas que abriron camiños e as que están loitar para sacar adiante os seus proxectos empresariais e farán  máis doado este reto as futuras xeracións de mulleres.

Os galardóns teñen unha dotación económica de 3.000 euros e contan con tres categorías: Son Empresaria Rural, Son Empresaria e Son Emprendedora.  Ademais, entregarase un Recoñecemento Especial á unha muller destacada pola súa longa traxectoria empresarial e profesional. A entrega dos Premios Son Muller 2018  terá lugar o 8 de Marzo, data na que se celebra o Día Internacional da Muller, ás 20:30 horas, no Vello Cárcere de Lugo.

FUNDACIÓN TIC