A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas rexeita as declaracións de Echenique sobre un xornalista de OKDiario

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas rexeita as formas e o fondo das publicacións e declaracións que realizou o Sr. Echenique en relación a un xornalista da empresa OKDiario. 

O dereito á información non ampara os comportamentos pouco éticos e deontolóxicamente irresponsábeis nin tampouco a vulneración da lei, pero se se dese o caso existen mecanismos suficientes para denuncialos, como as Comisións de Deontoloxía ou os propios Tribunais de Xustiza. Os políticos están sometidos ao escrutinio público e dos medios, polo papel que asumen, por seren depositarios da vontade popular, e han de responder dos seus actos. A responsabilidade ten que recaer nas empresas e non nos profesionais.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

La Red de Colegios Profesionales de Periodistas rechaza las declaraciones de Echenique sobre un periodista de OKDiario