A Rede de Colexios de Xornalistas condena a expulsión e exclusión de medios de comunicación por parte de VOX

A Rede de Colexios de Xornalistas, organización que agrupa as entidades de dereito público encargadas de velar pola profesión, mostra o seu rexeitamento á decisión de VOX de vetar a entrada á súa sede central de campaña das eleccións andaluzas aos equipos informativos de La Sexta e de expulsar un redactor e un cámara do dixital CTXT, a pesar de que estaban acreditados.

A Rede de Colexios de Xornalistas lembra a VOX que discriminar a presenza de medios concretos en actos públicos é un ataque á liberdade de prensa, é dicir, non só aos profesionais que teñen dereito a asistir para desenvolver o seu traballo, senon ante todo ao dereito da cidadanía a informarse polo medio de comunicación que considere adecuado, sexa do gusto ou non do protagonista da información.

Dáse a desgrazada circunstancia de que o dobre feito censor se produce ademais caando VOX accede por primeira vez ás institucións, polo que reclamamos aos seus dirixentes que esta actitude fora simplemente un mal primeiro paso e a partir de agora facilite o labor xornalístico de todos os medios de comunicación.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove colexios profesionais de xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e o País Vasco).

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS