A prensa xordana, contra as penas de cárcere e as multas ós reporteiros

Os xornalistas xordanos pararon durante unha hora o seu traballo para protestar contra a aprobación por un comité parlamentario dun artigo na nova lei de prensa que legaliza o encarceramento e as multas ós xornalistas.
O Comité de Dirección Nacional da Cámara Baixa do Parlamento decidiu a semana pasada manter un artigo na nova lei de prensa que permite ós tribunais mandar a prisión a xornalistas ou imporlles fortes multas se cometen certas violacións do regulamento.

"O artigo limita a liberdade de prensa de tal forma que vai contra o proxecto de reformas políticas no país", dixo nun comunicado Tareq Momani, presidente da Asociación da Prensa Xordana (APJ), que convocou o paro.

"As multas previstas no artigo non se corresponden coas violacións nin coa capacidade económica dos xornalistas e das empresas informativas", engadiu Momani.

En relación con esta lei, a Cámara Baixa decidiu hoxe pospor o debate sobre a nova norma despois de que uns cantos congresistas pedisen que o Goberno recupere o Ministerio de Información, que foi eliminado fai cinco anos como parte da apertura ós medios.

AMMAN
EL MUNDO / EFE