A cadea venezolana Telesur proxecta chegar este ano a Europa

A cadea de televisión Telesur, impulsada por Venezuela, chegará este ano a Europa. Entre os seus proxectos figura tamén iniciar transmisións en portugués e crear unha produtora de deportes.
O seu presidente, o venezolano Andrés Izarra, explicou a estratexia de ampliación e crecemento da cadea, no marco do Proxecto 2007-2012 que se define estes días.

Sobre os proxectos europeos, Izarra asegurou que existe "moito interese en varios países pola gran cantidade de latinoamericanos que viven alí, principalmente en Francia, Alemaña, Italia, España e Portugal".

Para as emisións recorrerase, en principio, ó mesmo mecanismo que se usa en América Latina: transmisións permanentes por cable e parciais por aire.

En canto á produción deportiva, o obxectivo é potenciar a súa presenza nos grandes acontecementos deportivos latinoamericanos, como a Copa América de fútbol, os Xogos Panamericanos e os Xogos Olímpicos.

Segundo o empresario venezolano Telesur busca consolidarse como "unha alternativa comunicacional con visión latinoamericana, un espazo para ofrecer unha visión desde o sur sobre estes países".

Actualmente, esta cadea chega a uns 65 millóns de latinoamericanos en emisións abertas e a uns 5,5 millóns coas emisións por cable.

BOS AIRES
EL MUNDO / DPA