A BBC fixa unha folga para o día 26 mentres a dirección anuncia novos despedimentos

Os principais sindicatos da BBC, Bectu e a Unión Nacional de Xornalistas, fixaron para o próximo 26 de febreiro unha folga de 24 horas en contra dos recortes de emprego. Advirten de que afectará seriemente ós programas informativos, xa que esperan que se sumen arredor de 4.600 persoas.
Xa anunciaron a súa participación 4.000 membros de Unión Nacional de Xornalistas e 600 de Bectu. A corporación pública británica viviu outra folga por este mesmo motivo en maio de 2005 co respaldo de miles de persoas.

A BBC encóntrase inmersa nun proxecto de aforro e recortes de emprego de tres anos impulsado polo director xeral Mark Thompson. Afecta a 108 traballadores de BBC News, entre eles o editor político Martha Kearney e o veterano xornalista Michael Crick.

A política de recortes forxouse en 2005, cando se anunciou que se prescindiría de 3.780 traballadores nun prazo de tres anos co obxectivo de aforrar 511 millóns de euros ó ano.

O director xeral da cadea, Mark Thompson, detallou entón que se eliminaría 420 postos en informativos, 66 en deportes, 150 en programas dramáticos, infantis e de entretemento, 755 en rexionais, 58 en novos medios e 424 noutros programas.

Anuncian novos recortes
A pesar das protestas sindicais, máis despedimentos sobrevoan sobre a compañía. O mes pasado de xaneiro, o Goberno británico aprobou un aumento do 3% do canon da cadea pública nos próximos dous anos. Esta suba é inferior á requirida pola BBC, polo que Thompson anunciou "unha presión adicional sobre os postos de traballo" para facer fronte ás perdas.

Nun discurso o pasado venres na sede central da BBC en Londres, dixo que o seu equipo está a traballar para determinar a cantos postos de traballo afectaría e de que departamentos. Asegura que aínda non se fixaron os detalles deste novo proxecto de recortes.

A finais de mes arredor de 150 responsables da BBC reuniranse para fixar os orzamentos de 2007/08. En abril estableceranse recomendacións para un novo proxecto de seis anos, que será considerado este verán e sobre o que haberá veredicto en outono.

MADRID
EL MUNDO.ES