A Axencia Servimedia aumenta as súas prácticas antisindicais

A axencia de noticias Servimedia, propiedade da ONCE, deu un paso máis nas súass permanentes prácticas antisindicais: sen ningún aviso nin apercibimento previo, o director chamou a dous dos traballadores con máis antigüidade –afiliados ó Sindicato de Xornalistas de Madrid (SPM) e ex membros do Comité de Empresa– e lles entregou a carta de despedimento.
A escusa utilizada para despedir a Manuel Tapia e Anselmo Lucio foi unha suposta baixa de rendemento. É un argumento tan falso que a propia empresa recoñeceu que o despedimento é improcedente; mesmo os xefes deses dous redactores lles comunicaron que non coñecen as razóns para prescindir deles.

O SPM denuncia estes despedimentos arbitrarios, cos que Servimedia pretende amedrentar ós traballadores e eliminar os soldos máis elevados. Este Sindicato lamenta que o director da axencia, o xornalista José Manuel González Huesa, aceptase participar nesta arbitraria decisión e fose o encargado de lles entregar as cartas de despedimento.

As prácticas antisindicais na axencia da ONCE son habituais: despediu a unha redactora afiliada ó SPM –co ridículo pretexto dunha "progresiva falta de entendemento"– e tivo que indemnizala; despediu a outra traballadora, e foi condenada a readmitila con carácter fixo; despediu a un traballador porque opinou nunha asemblea, e tamén tivo que readmitilo; non renovou o contrato a outra traballadora e, como se demostrou que foi porque declarou nun xuízo a favor dun compañeiro, a empresa foi condenada a indemnizala...

As prácticas antisindicais e arbitrariedades cometidas pola dirección de Servimedia son tan graves, que o SPM pediu ó ministro de Traballo, Jesús Caldera, que interveña.

Sorprendintemente, esa axencia presume de ser o primeiro medio de comunicación que se incorporou a Forética, unha organización dedicada a fomentar a xestión ética e socialmente responsable das empresas.

A Xunta Executiva do SPM esixe a inmediata readmisión dos dous despedidos e fai un chamamento ós xornalistas de Madrid para que fagan chegar ós responsables de Servimedia a súa protesta por estes despedimentos arbitrarios, e pide de novo ó ministro que tome cartas no asunto.

MADRID
FeSP / Xunta Executiva do SPM