Un manifesto chama aos medios a informar mellor dos conflitos e contribuír á paz
O Manifesto por uns medios de comunicación de paz no século XXI, posto e marcha pola Unión Latina de Economía Política de la Comunicación, la Información y la Cultura e a Red de Investigación en Comunicación Comunitaria, Alternativa y Participativa, fai un chamamento a mellorar o papel do xornalismo na prevención e resolución de conflitos, propondo unha guía de boas prácticas e reclamando facer efectiva a Comunicación de Paz e democratización da produción de contidos.