Gato por lebre electoral martes, 22 de maio de 2007 O sistema de bloques nos medios públicos non distingue entre propaganda e información, co que fai auga un dos supostos que sempre asegurou a inviolabilidade da función xornalística.
Xornalistas de L'Hospitalet locen camisetas contra as cotas electorais nos informativos luns, 21 de maio de 2007 Os xornalistas dos medios de comunicación públicos de L'Hospitalet de Llobregat locen camisetas de protesta contra as cotas impostas pola Xunta Electoral á presenza dos partidos nos espazos informativos, igual que levan facendo os xornalistas da televisión pública catalana nas dúas últimas campañas electorais.
Vocento reclama un Estatuto da Redacción que sirva para todas as empresas do grupo luns, 21 de maio de 2007 Os traballadores de Vocento acordaron nunha reunión plenaria dos seus representantes sindicais encargar ós xornalistas de 'El Diario Montañés' un proxecto de Estatuto de Redacción que poida aplicarse a todas as empresas do Grupo.
'Le Journal du Dimanche' denuncia o veto dun artigo que perxudicaba ao presidente luns, 21 de maio de 2007 O comité de redacción do semanario francés Le Journal du Dimanche expresou onte a súa indignación polo que considera unha inxerencia por parte do seu propietario para evitar a publicación dun artigo que afectaba a Cecilia Sarkozy, esposa do novo presidente da República.
Morren outros tres reporteiros en Somalia e Iraq luns, 21 de maio de 2007 Un reporteiro de radio foi morto en lume cruzado mentres cubría un achandamento do exército nun mercado de armas ilegal na rexión somalí de Puntlandia, informan o Committee to Protect Journalists (Comité pola Protección dos Xornalistas, CPJ) e Reporteiros sen Fronteiras (RSF).
Nace en Colombia a Federación Nacional de Xornalistas luns, 21 de maio de 2007 Os profesionais da prensa colombiana foron convocados pola Federación Internacional de Xornalistas (FIP) baixo o lema "Unión nacional para un xornalismo libre, responsable e seguro" para crear unha federación nacional de xornalistas.
Caixanova presenta unha canle televisiva interactiva luns, 21 de maio de 2007 Co nome de CXN TV, esta canle estará dispoñible a través de Internet e a televisión por cable de R, así como nas pantallas situadas na rede de oficinas e nos seus centros socioculturais.
Crean un robot en Israel para asisitir pacientes en operacións medulares luns, 21 de maio de 2007 Científicos israelís desenvolven un robot en miniatrura para guíar aos cirurxiáns en operacións de médula espinal. Os médicos afirman que o robot reduce as posibilidades de danar aos pacientes, nunha das operacións máis complexas, polos altos riscos que corre o paciente.
Un traballo en internet de discapacitados galegos premiado pola AUI luns, 21 de maio de 2007 Formar a enfermos mentais e persoas discapacitadas no uso das tecnoloxías da información. Ese é o obxectivo dun programa da Obra Social de Caixa Galicia, que acaba de gañar un dos premios "Díadeinternet" organizados pola Asociación de Usuarios de Internet (AUI).
A petición do arquivo do caso Couso é 'un agasallo' de benvida a Rice, segundo a familia luns, 21 de maio de 2007 Os Amigos, Irmáns e Compañeiros (HAC) de José Couso enviaron un comunicado ós medios no que opinan que a petición do arquivo do 'caso Couso' é un "agasallo de benvida" pola próxima visita que realizará a España Condoleezza Rice.