O Goberno negociará cos medios o tratamento da violencia de xénero
O ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, anunciou no pleno do Congreso que o Goberno convocará "de inmediato" ós representantes dos medios de comunicación co fin de promover un código de autorregulación no tratamento informativo da violencia de xénero.