XXXV Premios de Xornalismo Rei de España

Do ao

Información de contacto:

Agencia EFE
Avenida de Burgos, 8 B
28036 Madrid

A Axencia EFE e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) convocaron a XXXV edición dos Premios Internacionais de Xornalismo Rei de España.

Aos galardóns podense presentar xornalistas dos vinte e dous países iberoamericanos, ademais de países como Angola, Cabo Verde, Estados Unidos, Filipinas, Guinea-Bisau, Guinea Ecuatorial, Israel, Marrocos, Mozambique, Principado de Andorra, San Tomé e Príncipe e Timor Oriental.

Os Premios de Xornalismo Rei de España constan de seis categorías (Prensa, Radio, Televisión, Fotografía, Xornalismo Dixital e Iberoamericano), cada unha dotada con 6.000 euros e unha escultura en bronce do artista Joaquín Vaquero Turcios. Ademais, concederase por sexto ano o Premio Especial Iberoamericano de Xornalismo Ambiental e Desenvolvemento Sostenible. A nova edición estrea o Premio Internacional de Xornalismo Rei de España ao Medio de Comunicación máis Destacado do Ano, galardoado cunha escultura en bronce do artista Joaquín Vaquero Turcios, que premiará ao medio que sobresaia polo seu labor informativo, que publique en lingua española ou portuguesa e que pertenza aos países arriba mencionados.

Os traballos teñen que ter sido publicados en lingua española ou portuguesa -en prensa escrita, Internet ou emitidos por radio ou televisión-, entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016. O prazo de recepción das candidaturas finaliza o 30 de setembro de 2017 e poden enviarse os traballos a través das delegacións da Axencia EFE ou das embaixadas española nos países devanditos, da central da Axencia EFE (Avenida de Burgos, 8 B. 28036 Madrid) ou por correo electrónico a premios@efe.es

Máis información nas bases dos premios.