XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Do ao

Información de contacto:

XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2017
Rexistro
Pazo da Cultura, 1.º andar
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo.

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con varios medios de comunicación escrita, convoca o XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2017.

Poderán participar neste concurso de xeito individual todas aquelas persoas interesadas, con artigos de opinión inéditos, escritos en galego e que traten algún tema concreto relacionado coa situación sociolingüística do noso país, co fomento da lingua galega, co seu estatus, co argumentario a prol do uso do galego e da normalización lingüística, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, con experiencias útiles ou favorables para a dinamización da lingua, coa política lingüística, etc. Os artigos presentados deberán ter entre 1.800 e 3.300 caracteres con espazos incluídos. 

Os artigos presentaranse antes do 17 de abril de 2017, nun sobre grande pechado, asinados cun pseudónimo e neles non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autora ou autor. Dentro do sobre grande incluiranse catro copias do artigo e tamén un sobre pequeno pechado que levará escrito por fóra o título do artigo e o pseudónimo da súa autora ou autor e no interior o nome e apelidos do/a autor/a, o enderezo completo, o número de teléfono, o enderezo electrónico, un breve currículo ou presentación de tres ou catro liñas, o título do artigo e o pseudónimo utilizado. A presentación farase presencialmente ou por correo certificado a: XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2017. Rexistro. Pazo da Cultura, 1.º andar. Rúa do Pan s/n. 15100 Carballo.

Outorgarase un único premio de 1.250 euros e a publicación do artigo nos medios colaboradores.

Máis información nas bases do premio.