XI Premios de Xornalismo Fundación Grünenthal

Do ao

Información de contacto:

Fundación Grünenthal 
Dr. Zamenhof, 36.
28027 Madrid
comunicacion.es@grunenthal.com
https://premiosperiodismodolor.com/

A Fundación Grünenthal puxo en marcha a décimo primeira edición dos seus premios de xornalismo, que recoñecen o labor de medios e xornalistas para sensibilizar a sociedade sobre a dor, o seu diagnóstico, evolución e tratamento.

Os galardóns constan de dúas categorías, unha de dor e outra de door infantil. En cada unha delas hai dúas modalidades, medios escritos e audiovisuais. En cada modalidade outorgarase un primeiro premio de 2.500 euros e un segundo de 1.250.

Poden participar traballos xornalísticos de medios impresos, dixitais, radio ou televisión que teñan como temática principal a dor desde o punto de vista asistencial, social, socioeconómico ou de divulgación. Os traballos teñen que ter sido publicados ou emitidos entre o 1 de novembro de 2019 e o 26 de outubro de 2020, día no que finaliza o prazo para presentar candidaturas. A inscrición pode realizarse a través da web do premio ou por correo postal ao enderezo Fundación Grünenthal. Dr. Zamenhof, 36. 28027 Madrid.  

Máis información nas bases do premio