V Foro Radio Coruña: 'O futuro dos medios de comunicación e a información local'

Do ao

Horario: Martes 23 de xaneiro de 2018 a partir das 20:00 horas

Lugar: Auditorio de Afundación. Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña

Radio Coruña Cadena SER organiza o seu V Foro o vindeiro martes 23, a partir das 20:00 horas, no Auditorio de Afundación na Coruña (Cantón Grande, 8). Nesta ocasión, o foro tratara sobre O futuro dos medios de comunicación e a información local nunha caste de lembranza póstuma a Ángel Gómez Hervada.

No foro van participar o director da Cadena Ser, Antonio Hernández Rodicio, o director do ABC Bieito Rubido, o redactor xefe de La Opinión A Coruña Santiago Romero, o director xeral da CRTVG Alfonso Sánchez Izquierdo e o director de Praza Pública David Lombao.

Un comité organizador encárgase de deseñar os diferentes foros baixo a presidencia do doutor en Ciencias Económicas e ex presidente da Xunta Fernando González Laxe. O comité está integrado tamén pola directora do diario La Opinión Carmen Merelas, a profesora doutora de márketing da UDC Marta Rey e o profesor, doutor en gilología e escritor Henrique Rabuñal, coa coordinación da Xefa de Informativos de Radio Coruña Ser Consuelo Bautista.