Presentación de 'O trapecista da malla de rombos', de Alberto Canal

Do ao

Horario: Mércores 25 de abril de 2018 ás 19:30 horas

Lugar: Libraría Couceiro. Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela

O xornalista e escritor Alberto Canal presenta este mércores 25 de abril, ás 19:30 horas, o seu libro  'O trapecista da malla de rombos', publicado por Xerais. O acto terá lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6). 

O autor estará acompañado por Diana Pastoriza e Paco Castro Alvaredo. 

Baixo a mirada inocente e soñadora dun neno, O trapecista da malla de rombos rende homenaxe á utopía que se fixo realidade en Benposta, a cidade dos rapaces. Un proxecto nacido do compromiso e a ilusión, que pasou a formar parte da memoria colectiva de varias xeracións.

Alberto Canal exerceu de xornalista durante unha década na prensa escrita, para pasar logo ao eido da comunicación empresarial. En 2008 publicou a súa primeira novela, Conexión Tubinga, que resultou finalista do Premio Xerais . A seguir publicou O amor nos escuros días de Birkenau, finalista tamén do Premio Xerais, e O trapecista da malla de rombos.