Presentación de 'Casares' de Ramón Loureiro
Do ao
Horario: Sábado 25 de marzo ás 12:00
Lugar: Liceo de Ourense. Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5. Ourense
O Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5) acolle este sábado 25 de marzo, a partir das 12:00 horas, a presentación do libro Casares, do escritor e xornalista Ramón Loureiro.
O libro, publicado pola editorial Trifolium, viaxa a través da memoria do autor para construír un volume estruturado en tres bloques: "o primeiro é case unha carta que vai dirixida tamén aos lectores do futuro; o segundo é unha viaxe pola biografía de Casares; e por último, a conversa, nalgúns sentidos xa case lendaria, que Carlos e Ramón mantiveron uns días antes da morte do autor de Vento ferido".
O acto vai contar coa presenza de Ramón Loureiro, do presidente do Liceo, Javier Casares, e do editor, Xan Arias.