Premios Iris 2017

Do ao

A Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión convocou a decimonovena edición dos Premios Iris, galardones que distinguirán a excelencia de profesionais e programas emitidos entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de agosto de 2017.

Así, estes premios contan coas categorías: Mellor informativo, Mellor programa, Mellor presentador/a de informativos, Mellor presentador/a de programas, Mellor programa de canle temática producido en España, Mellor dirección, Mellor realización e Mellor produción. Así mesmo, recoñecerase a Mellor ficción, Mellor actor, Mellor actriz, Mellor guión, Mellor programa autonómico e Mellor presentador/a autonómico/a. A Academia de Televisión tamén outorgará os Premios Iris do Xurado, os Premios Iris da Crítica e o Premio Toda unha Vida.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 28 de xuño. Segundo se informa nas bases, a proclamación de finalistas farase pública antes do 31 de xullo e a cerimonia de entrega será, previsiblemente, no mes de outubro. O premio consistirá nunha estatuíña.

Máis información nas bases dos premios.