Premio de Xornalismo Lorenzo Natali 2020
Do ao
A Comisión Europea convoca unha nova edición do Premio de Xornalismo Lorenzo Natali, creado en 1992 para recoñecer a excelencia na información de temas relacionados co desenvolvemento, a desigualdade, os dereitos humanos e a erradicación da pobreza.
Os xornalistas poden optar ao premio nas seguintes tres categorías: Gran Premio, aberto a xornalistas cuxos medios teñan a súa sede central nun dos máis de 160 países cos que a UE traballa en temas de desenvolvemento e cooperación; Premio Europa, aberto a xornalistas cuxos medios teñen a súa sede central nun dos países da Unión Europea; e Premio ao mellor xornalista emerxente, aberto a xornalistas menores de 30 anos cuxos medios teñen a súa sede central en calquera dos 160 países xa mencionados, así como en calquera dos Estados membros da UE. O gañador de cada categoría recibirá 10 000 euros.
Os traballos deben ter sido publicados entre o 10 de marzo de 2019 e o 31 de marzo de 2020. Para participar, é preciso cubrir o formulario online antes das 23:59 horas do 15 de marzo. Tamén se poden presentar por correo electrónico a info@nataliprize.eu, presentando o traballo e a folla de solicitude e a declaración que se facilitan nas bases.
Máis información nas bases do premio.