Premio A.H. Boerma 2018
A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), convoca o Premio A. H. Boerma 2018 dirixido aos xornalistas de todo o mundo que se ocuparan de cuestións relacionadas coa seguridade alimentaria e o desenvolvemento rural en países en desenvolvemento.
Os traballos presentados deben ter sido publicados ou difundidos por radio e televisión durante o últimos catro anos.
O premio consiste nunha medalla gravada co nome do gañador, un pergamiño no que se describen os seus méritos e un premio en metálico de 10.000 dólares estadounidenses.
A data para presentar as candidaturas finaliza o 31 de xaneiro de 2019. Os traballos deben presentarse por correo electrónico á Secretaría de Premios da FAO: FAO-Awards@fao.org.
Máis información nas bases do premio.