Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa

Do ao

Horario: Do 22 de xuño ao 16 de setembro do 2018, de luns a sábado entre as 18.00 e as 21.00 e os sábados, domingos e festivos entre as 12.00 e as 14.00

Lugar: Fundación Laxeiro. Policarpo Sanz, 15, 3º. 36202 Vigo

Información de contacto:

Fundación Laxeiro
+34 986 438475
fundacion@laxeiro.org
Rúa Policarpo Sanz, 15, 3º
36202 Vigo

A Fundación Laxeiro (Policarpo Sanz, 15, 3º, Vigo) presenta a exposición Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa, na que, por primeira vez, se poden ver todas as viñetas humorísticas que Laxeiro publicou na prensa, en concreto nos xornais El pueblo gallego e Faro de Vigo, nos anos 1928, 1929 e 1930.

A exposición reúne un total de corenta e nove pezas reproducidas directamente das follas dos xornais orixinais, nun coidado proceso de fotografado, deseño e impresión que posibilita achegarse a esta faceta descoñecida de Laxeiro.

Co gallo da exposición, a editorial Laiovento, publica o libro homónimo, no que reproduce a totalidade das viñetas (corenta e nove) acompañadas ademais con textos asinados por Manuel Igrexas, Félix Caballero e Javier Pérez Buján.

A mostra estará aberta até o vindeiro 16 de setembro, de luns a sábado en horario de 18.00 a 21.00 horas e os sábados, domingos e festivos entre as 12.00 e as 14.00 horas.