VIII Premio APAE de Xornalismo Agroalimentario

Do ao

Información de contacto:

 Asociación de Periodistas Agroalimentarios de España
apae@apae.es

A Asociación de Periodistas Agroalimentarios de España (APAE) convoca o VIII Premio de Xornalismo Agroalimentario, que conta co patrocinio de Fruit Attraction e a colaboración de FEPEX.

Ao premio poden optar a título persoal os xornalistas que desenvolvan a súa actividade profesional en medios españois. Pode presentarse un único traballo xornalístico (columna, artigo, crónica, entrevista, reportaxe, etc.) por persoa, difundido en español e que fora publicado entre o 11 de setembro de 2017 e o 11 de setembro de 2018. Existen dúas categorías: unha categoría xeral, dotada cun primeiro premio de 1.000 euros ao mellor texto con temática sobre agricultura, gandaría e/ou alimentación, e unha categoría especial, consistente nun premio de 1.000 euros ao mellor artigo con temática de froitas ou hortalizas.

Os traballos orixinais, copias da publicación, artigos en internet -co hipervínculo correspondente-, deberán ser enviados antes do 14 de setembro de 2018 por correo electrónico á dirección apae@apae.es.

Máis información nas bases do premio.