IV Premio Nebrija de Xornalismo Educativo

Do ao

Información de contacto:

Departamento de Comunicación de la Universidad Nebrija
Campus de Madrid Princesa
Edificio Joaquín María López
C/Joaquín María López, 62
28015 Madrid
premios@nebrija.es

 

A Universidade Nebrija lanzou a cuarta edición do IV Premio Nebrija de Xornalismo Educativo co obxectivo de "recoñecer o labor informativo dos profesionais do xornalismo en lingua española".

O certame recoñece a calidade dos traballos publicados e a súa contribución ao coñecemento da realidade do mundo universitario, en calquera formato ou soporte de comunicación: prensa escrita, radio, televisión e xornalismo dixital. Os traballos que se presenten terán que ter sido publicados entre o 1 de setembro do 2018 e o 31 de agosto de 2019. O mellor traballo será recoñecido con 7.000 euros.

Os traballos deben ser presentados antes do 15 de novembro de 2019 por correo electrónico ao enderezo premios@nebrija.es ou por correo postal ao Departamento de Comunicación de la Universidad Nebrija, Campus de Madrid Princesa (Edificio Joaquín María López, C/Joaquín María López, 62, 28015 Madrid).

Máis información nas bases do premio.