IV Seminario Permanente de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO

Do ao

Horario: Luns 19 e martes 20 de outubro das 16:30 ás 20:00 horas

Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, s/n)

Información de contacto:

www.estudosaudiovisuais.gal
comxenero@estudosaudiovisuais.gal

O luns 19 e martes 20 de outubro a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a cuarta edición do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero. Organizadas polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da USC, as xornadas celébranse baixo o título Contra a desmemoria e céntranse desta volta na reflexión sobre a autoría feminina, sobre a necesidade de apoderamento do relato e a importancia da diversidade de ollares.

A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación e das industrias culturais e creativas actuais reflicte e perpetúa unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes.

Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes.

Baixo o título Contra a desmemoria, a cuarta sesión do CO(M)XÉNERO abre as portas á reflexión sobre a autoría feminina, sobre a necesidade de apoderamento do relato e a importancia da diversidade de ollares na construción de representacións e discursos interculturais. O prazo de inscrición, de balde, está aberto até o 16 de outubro.

Máis información, programa e formulario de inscrición na web do Grupo de Estudos Audiovisuais