IV Premio de Xornalismo María Luz Morales

Do ao

Información de contacto:

observatoricultural@gmail.com

A La Fundació Catalunya La Pedrera e o Observatori Cultural de Gènere, coa colaboración do xornal Ara convocan a cuarta edición do Premio de Xornalismo María Luz Morales, ao que dá nome a que fose a primeira muller directora dun diario en España.

O premio ten por obxectivo incentivar traballos xornalísticos que versen "sobre o empoderamento das mulleres e os feminismos en calquera dos seus aspectos". Concederase un primeiro premio, dotado con 2.000 euros e un accésit de 1.000 euros a senllos traballos publicados en papel ou dixitalmente ou aparecidos noutros formatos audiovisuais e dixitais (vídeos, webdocs, podcasts, etc.).

Os traballos deben ter sido publicados ou difundidos en 2019 en calquera das linguas do estado. Para participar cómpre enviar os traballos por correo electrónico a observatoricultural@gmail.com entes do 31 de maio de 2020 ás 15:00 horas.

Máis información nas bases do premio