III Premio de Xornalismo contra a Violencia de Xénero

Do ao

Información de contacto:

Premio de Periodismo contra la Violencia de Género ‘Fundación Grupo Norte’.
Fundación Grupo Norte.
C/ Orense, 70 - 9º izq.
28020 Madrid
premioperiodismo@fundaciongruponorte.es

A Fundación Grupo Norte convoca o III Premio de Xornalismo contra a Violencia de Xénero, que ten como obxectivo recompensar aqueles traballos xornalísticos que contribúan á difusión de valores contra a violencia de xénero cun tratamento adecuado.

Estabelécense tres categorías: Medio escrito (diarios, revistas ou medios dixitais acreditados), Radio e Televisión, cada unha delas dotada cun importe de 4.000 euros e unha obra exclusiva da escultora Concha Gay. 

Os traballos deberán ter sido publicados ou difundidos entre o 1 de setembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018, e irán acompañados do nome e domicilio do autor, teléfono de contacto, mencionando lugar, data e título da publicación ou emisión e breve currículum profesional.

As candidaturas enviaranse antes do 30 de setembro do 2018 por correo ordinari a Premio de Periodismo contra la Violencia de Género ‘Fundación Grupo Norte’. Fundación Grupo Norte. C/ Orense, 70 - 9º izq. 28020 Madrid, ou por correo electrónico a premioperiodismo@fundaciongruponorte.es. Só poderá presentarse un traballo por autor.

Máis información nas bases do premio