II Premios Vía Célere de Xornalismo Inmobiliario

Do ao

Información de contacto:

marketing@viacelere.es

A promotora Vía Célere convocou a segunda edición dos seus premios de Xornalismo Inmobiliario co obxectivo de recoñecer o labor dos profesionais do sector e premiar e fomentar o traballo dos xornalistas que facilitan a divulgación da súa realidade e a elaboración de informacións inmobiliarias de calidade.

O premio consta de 1.000 euros e unha placa conmemorativa a cada un dos gañadores nas catro categorías habilitadas: mellor información corporativa, mellor información sobre innovación, mellor información sobre sustentabilidade e mellor artigo sobre o impacto da COVID-19. Esta última categoría especial foi incluída como novidade este ano para recoñecer a importancia dla información transmitida polos medios durante a crise. Calquera xornalista pode participar, a través dunha candidatura individual ou grupal, cun traballo originalmente elaborado en español e que se publicara en prensa impresa, dixital ou audiovisual entre o 16 de setembro de 20189 e o 15 de setembro de 2020. Cada candidato poderá presentar dúas pezas diferentes e de extensión libre en cada categoría.

Os traballos poden presentarse ata o 30 de outubro de 2020 mediante correo electrónico ao enderezo marketing@viacelere.es, indicando no asunto “II Premios Vía Célere de Periodismo Inmobiliario”. 

Máis información nas bases do premio.