II Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

Do ao

Información de contacto:

986 76 84 09
fornelos.gal

O Concello de Fornelos de Montes, coa colaboración do Departamento de Cultura e Lingua da Deputación, convoca a segunda edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, que busca honrar a memoria do ilustre escritor e contribuír á promoción xornalística con artigos de denuncia social en galego.

Cada participante pode enviar un único artigo, escrito en galego nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social. Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 450 e 600 palabras, aproximadamente).

Os artigos deberán presentarse por cuadriplicado, ben no propio Concello ou por correo certificado, indicando únicamente o pseudónimo no  remite, antes do día 30 de xuño de 2018.

A persoa gañadora recibirá 1000 euros e o texto premiado publicarase no Diario de Pontevedra, Diario de Arousa, Praza Pública, Sermos Galiza, Galiza Confidencial, Que Pasa na Costa e Tempos Novos.

Máis información nas bases do premio.