II Gala dos Medios en Galego

Do ao

Horario: Sábado 2 de febreiro a partir das 12:00 horas

Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra . Rúa de Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

A Asociación de Medios en Galego celebra este sábado 2 de febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa de Alexandre Bóveda, s/n) a II Gala dos Medios en Galego, unha xornada que  conmemora o nacemento da primeira publicación en galego, O tío Marcos da Portela, ao tempo que reivindica os medios nesta lingua. A Gala vai dar comezo ás 12:00 horas. 

O acto estará presentado pola xornalista Mónica Rodríguez e nel intervirá tamén o humorista Touriñán e a intérprete Ugia Pedreira, así como representantes da Asociación Cedofeita, Anxos Sobriño, de Cotenol, e Kiko da Silva, en representación do eido da banda deseñada, entre outros. O evento pecharase coas intervencións de secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Elena Gallego asistirá ao acto en representación do Colexio de Xornalistas

Para asistir é necesario recoller invitación. Estas están dispoñibles na Alcaldía do Concello de Pontevedra, no Museo de Pontevedra e na Librería Paz.