I Premio de Xornalismo Lueiro Rey

Do ao

O Concello de Fornelos convoca o I Premio de Xornalismo Lueiro Rey para artigos divulgativos e de opinión no ámbito da denuncia social.

Poderán concorrer a este certame todas as persoas que o desexen e cada participante deberá facelo cun único artigo, inéditos, escrito en galego e redactado nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social, con entre 2.500 e 3.500 caracteres.

Os artigos deberán presentarse por cuadriplicado, ben no propio Concello ou por correo certificado, en cuxo remite só deberá figurar o pseudónimo. O prazo de presentación rematará o día 30 de xuño de 2017.

A dotación do premio único e indivisible é de 1.000 euros.

Máis información nas bases do certame.