Galicia en Foco 2017
Do ao
Información de contacto:
Club de Prensa de Ferrol
Apartado 283. 15480
Ferrol (Galicia)
envios.galiciaenfoco@gmail.com
O Club de Prensa de Ferrol convoca unha nova edición, a vixésimo sexta, de Galicia en Foco, un certamen dirixido aos profesionais do fotoxornalismo galego para mostrar os seus traballos nos medios de Galicia.
O certame inclúe dous apartados de participación: Fotoxornalismo na prensa e Fotoxornalismo de reportaxe. De entre todas un xurado elixirá a "Foto ou reportaxe do ano". Cos traballos recibidos montarase unha exposición itinerante.
As fotografías deberán ter sido publicadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016. Os autores poden enviar as fotografías en arquivo dixital por correo electrónico a envios.galiciaenfoco@gmail.com até o 15 de abril.
Máis información nas bases do premio.