Foro da Comunicación de Galicia

Do ao

Horario: Venres 20 de novembro a partir das 10:00 horas

Lugar: Expourense. Finca Sevilla, s/n. 32005 Ourense

Información de contacto:

Expourense
988 36 60 30
comunicacion@expourense.org
www.expourense.org

Expourense e o Clúster da Comunicación de Galicia organizan, co apoio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense e a colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, entre outras entidades, unha nova edición do Foro da Comunicación de Galicia. Este ano, o foro celébrase baixo o lema Comunicar en tempos de incertidume e terá lugar o venres 20 de novembro no recinto da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Finca Sevilla, s/n), ademais de poder ser seguido de maneira virtual.

Esta edición estará centrada en como a COVID-19 readaptou os plans de márketing e comunicacion, e rematará cunha mesa redonda na que participará Javier Fraiz, representante da demarcación de Ourense do CPXG, e na que se falará de cómo cambiou a forma de comunicar e as relacións entre empresas, medios e gabinetes.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través da web de Expourense.

Programa Foro da Comunicación de Galicia
 
10.00 h.- Como elaborar un plan de márketing no contexto Covid-19.
Imparte: Xosé Luis Reza. Presidente de Markea e do Clúster da Comunicación de Galicia.
 
11.30 h.- Comunicación corporativa: Da crise do Covid á nova normalidade.
Imparte: Laura Vázquez. Directora de Márketing e Comunicación Dixital en Torres y Carrera.
 
12.15 h..- Mesa redonda de análise sobre como afectou a "infodemia" ás relacións informativas entre empresas, gabinetes e medios de comunicación. 
Modera: Representante de Grupo La Región.
• Myriam Serra e Carlos Bermello. Servizo de comunicación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras. 
• Álvaro Brandau. Director de Desenvolvemento Estratéxico en Avante Evolumedia. 
• Javier Fraiz. Representante da demarcación de Ourense do Colexio de Xornalistas de Galicia. 
 
Máis información na web de Expourense