Día das Redes Galegas

Do ao

Horario: Mércores 25 de abril a partir das 10:00 horas

Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. Campus Universitario da Xunqueira, S/N, 36005 Pontevedra.

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo en Pontevedra organiza este vindeiro 25 de abril a partir das 10:00 horas o Día das Redes Galegas, que este ano quere pór en valor a figura do community manager, facendo especial fincapé naqueles que se formaron na propia facultade.

Así, no acto participarán como Lucía Gómez, directora de márketing de contidos e medios sociais de Elogia; Cristina García, responsable de comunicación e márketing dixital en Esmerarte Industrias Creativas; e Jorge Medal, redactor e guionista de formatos televisivos; ademais de  Cristina Rodríguez, técnica de normalización lingüística da Área de Normalización Lingüística, que tratará a experiencia de Youtubeir@s.

A xornada será clausurada cun coloquio bidireccional, moderado polo profesor Alberto Dafonte. Tamén se promoverá o debate sobre o desenvolvemento deste encontro, que será retransmitido por Uvigo TV, na rede social Twitter baixo o hashtag #redesgalegas.

Máis información no Diario da Universidade de Vigo.