XXI Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego
Do ao
Afundación convoca a XXI edición do Premio Fernández del Riego para textos realizados en galego.
Do ao
Afundación convoca a XXI edición do Premio Fernández del Riego para textos realizados en galego.
Do ao
O Concello de Villanúa, coa colaboración da Asociación de Periodiistas de Aragón e a Red de Periodiistas Rurales, convoca o II Premio Nacional de Xornalismo no Mundo Rural, que quere reivindicar a memoria de Ainhoa Camiño ao tempo que recoñece o labor dos xornalistas que, como fixo ela, desenvolven a diario o seu labor profesional no medio rural e convertéronse en altofalantes da España despoblada.
Do ao
Accenture convoca a XXV edición dos seus premios xornalísticos, que conta coas categorías “Economía e Innovación”, “Tecnoloxías e transformación empresarial” e “Dixitalización sustentábel”.O galardón está dotado con 8.000 euros e unha escultura de bronce en cada unha das categorías.
Do ao
A Sociedade Española de Medicina Interna (SEMI) convoca o seu quinto Premio Xornalístico que ten como obxectivo recoñecer os traballos de comunicación que mellor reflictan o labor e función do internista e o papel da súa especialidade.
Do ao
El País abre a convocatoria da 41ª edición dos Premios Ortega y Gasset de xornalismo, que constan de catro categorías: mellor historia ou investigación xornalística, cobertura multimedia, fotografía, e traxectoria profesional. Cada unha das modalidades está dotada con 15.000 euros e unha obra de Chillida.
Do ao
A Axencia EFE e Casa África lanzan a sexta edición do Premio Saliou Traoré de xornalismo en español sobre África, dotado con 5.000 euros e unha estatuilla conmemorativa, obra de María de Frutos.
Do ao
A Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento ( AEAS) convoca a sexta edición do seu Premio de Xornalismo co lema “Retos na xestión da auga urbana”, que pretende recoñecer o labor de sensibilización social que realizan os medios de comunicación mediante a difusión de informacións sobre a importancia dos servizos de abastecemento de auga e saneamento.
Do ao
O Ateneo de Santiago convoca unha nova edición do Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico, que ten o obxectivo de impulsar traballos xornalísticos que contribúan a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Do ao
A Asociación de Directivos de Comunicación Dircom lanza a sétima edición dos premios Dircom Ramón del Corral, en homenaxe ao que foi o presidente fundadorç. Os galardóns, a través das súas 27 categorías, premiarán as mellores prácticas e casos de xestión da comunicación en España.
Do ao
A Asociación de Periodistas Europeos e KPMG convocaron a séptima edición do Premio de Xornalismo Económico KPMG/Rosa do Río, cuxo obxectivo é destacar as traxectorias ou traballos xornalísticos relacionados coa información económica, financeira e/o bolsista que o merezan polo seu talento, orixinalidade, espírito divulgativo, forza didáctica ou capacidade de superar presións.
Do ao
A Asociación de Periodistas de Segovia convoca a XXXIX edición do Premio en memoria de Cirilo Rodríguez, que recoñece a xornalistas que realizan o seu labor fóra de España, moitas veces en escenarios de conflitos bélicos ou en situacións de risco.
Do ao
A Asociación de Periodistas – Asociación de la Prensa de Almería convoca o XII Premio Internacional de Xornalismo “Colombine” en honor á xornalista e escritora almeriense Carmen de Burgos. Establécese un único premio de 5.000 euros.
Do ao
A Deputación Provincial de Guadalajara, a Asociación de la Prensa de Guadalajara, a Universidade de Alcalá (UAH), a Fundación Xeral da Universidade de Alcalá, a Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) e o Concello de Brihuega convocan o XII Premio Internacional de Xornalismo 'Cátedra Manu Leguineche'.
Do ao
O Concello de Don Benito convocou o XXV Premio Nacional de Xornalismo Francisco Valdés para recoñecer traballos escritos en castelán que estimulen a convivencia, a liberdade e a democracia a través do xornalismo cultural..
Do ao
O paseo central da Alameda de Santiago de Compostela acolle unha nova edición da exposición fotográfica Compostela, un ano de Voz, que recolle as imaxes máis destacadas dos últimos doce meses capturadas polo obxectivo dos fotoxornalistas de La Voz de Galicia Xoán A. Soler, Sandra Alonso e Paco Rodríguez. A mostra poderá visitarse até o 24 de marzo.
Do ao
A Fundación Línea Directa convocou a vixésimo primeira edición do Premio Xornalístico de Seguridade Viaria, un galardón que pretende recoñecer o labor realizado polos profesionais da información que contribúan a fomentar a reducir os accidentes de tráfico e promover unha condución más segura".
Do ao
A Deputación da Coruña convoca a décimo oitava edición do premio “Luís Ksado” de Creación Fotográfica. Estabelécese un premio único dotado con 6.500 euros.
Do ao
A Cátedra Fundación ASISA de Comunicación Sanitaria na Universidad de Murcia, coa colaboración do Colexio de Periodistas de la Región de Murcia, convocan dous premios destinados a destacar o mellor traballo escrito xornalístico ou reportaxe audiovisual, ambos os dous en comunicación sanitaria, publicados durante o ano 2023.
Do ao
O portal de noticias especializado en aviación Aviación Digital convoca a décimo cuarta edición do Premio de Xornalismo sobre aviación, información aeronáutica e do espazo en español 'Juan de la Cierva y Hoces', co que se pretende incentivar o interese pola información aeronáutica de calidade entre os profesionais dos medios de comunicación.
Do ao
O Consejo General de Enfermería (CGE) convocou a primeira edición do Premio Enfermería e Xornalismo “Isabel Zendal”, co propósito de promover e recoñecer o labor dos xornalistas e divulgadores nos medios de comunicación españois pola súa contribución na difusión do labor da profesión de enfermería, nos seus diferentes ámbitos de actuación.
Do ao
A Fundación Manuel Alcántara convoca o VI Premio Nacional de Xornalismo Deportivo Manuel Alcántara, coa colaboración da Fundación Unicaja, o Concello de Málaga e a Asociación de Periodistas Deportivos de Málaga. O obxectivo do premio é "promocionar o labor dos profesionais da prensa deportiva e incentivar o exercicio dun xornalismo rigoroso e de calidade".
Do ao
O proxecto de investigación Valcomm da Faculdade de Comunicación da USC coorganiza, xunto á Fundaciò da Universitat Politécnica de Catalunya e a RTVE Instituto, un webinar online que abordará el efecto e incidencia de la nueva Ley de Inteligencia Artificial sobre los medios de comunicación. A xornada terá lugar o xoves 14 de marzo entre as 16.00 e as 17.45 horas.
Do ao
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), convoca a novena edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, que trata de estimular e recoñecer as actividades de comunicación da ciencia e da tecnoloxía entre as/os profesionais do xornalismo dos medios de comunicación galegos.