CreaGaiás

Do ao

Horario: Venres 13 de abril a partir das 16:00 horas.

Lugar: Sala Eisenman. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela.

A Cidade da Cultura organiza o vindeiro 13 de abril a xornada CreaGaiás, que ten a finalidade de mostrar e fortalecer o emprendemento e a creatividade, así como visualizar as empresas e proxectos do Centro de Emprendemento local, emprazado no complexo compostelán.

Na súa primeira edición, CreaGaiás pon o acento na imaxe e en como empregala de forma eficaz a través das redes sociais para facer visible o traballo das persoas emprendedoras.

A xornada comeza ás 16:00 horas cun obradoiro de imaxe e marca na contorna dixital, especialmente dirixido a persoas emprendedoras e profesionais do ámbito das industrias culturais, que estará impartido por Iván L. Gimeno. No programa inclúense ramén obradoiros, charlas e un mercado de emprendemento creativo, ademais de espazos para o networking e a música, cun concerto acústico de Miren Iza e Jose Luis Martín-Serrano, do grupo Tulsa.

A asistencia á xornada é libre e de balde ata completar capacidade. Máis información aquí.