Conversa con José Antonio Millán arredor da lectura en España
Do ao
Horario: Xoves 16 de marzo ás 17:00 horas
Lugar: Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2 andar. Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega organiza a charla "Conversas con... José Antonio Millán arredor da lectura en España: retos e rutas". O acto terá lugar o vindeiro xoves 16 de marzo ás 17:00 horas na sede do Consello (Pazo de Raxoi, 2 andar, Santiago de Compostela).
A sesión contará coa participación do ensaísta e escritor José Antonio Millán, que conversará con Víctor Freixanes sobre A lectura en España: retos e rutas.
José Antonio Millán foi director da prestixiosa editorial Taurus, creou o primeiro Diccionario de la Academia en CD-ROM e o Centro Virtual Cervantes en Internet, e mantén desde hai máis de vinte anos un sitio web de debate e información (http://jamillan.com). É autor dunha trintena de libros de ensaio e literatura e colaborador habitual de El País e esporádico de Letras Libres, Revista de Libros e outras publicacións.