33ª Premio Boehringer Ingelheim ao Xornalismo e Divulgación en Saúde

Do ao

Información de contacto:

premiobie@homeatc.com

O galardón máis antigo do xornalismo en medicina en España convoca unha nova edición, desta vez baixo o nome Premio Boehringer Ingelheim ao Xornalismo e Divulgación en Saúde, para adaptarse aos novos perfís de comunicadores que, dentro ou fóra do xornalismo tradicional, están a realizar un labor de divulgación exemplar nas novas canles e redes sociais. 

Baixo o lema A Saúde en Portada, o premio quere reflectir a posición que, en 2020 e de forma circunstancial, adquiriu a comunicación sanitaria. O galardón consta de cinco categorías: Premio á divulgación en Innovación aplicada á Calidade de Vida do Paciente, Premio á divulgación en Innovación en Saúde Animal, Premio á divulgación sobre Proxectos de Sustentabilidade que coiden do Medio Ambiente, Premio ao mellor Divulgador Científico en redes sociais e Premio á mellor Reportaxe sobre a Pandemia causada pola COVID-19, cada unha delas dotada con 6.000 euros. Na categoría de divulgación sobre proxectos de sustentabilidade, ademais dos 6.000 para o ganador, serán doados outros 3.000 euros para o proxecto que o propio galardoado escolla.

A presentación das candidaturas farase a través do formulario aloxado na páxina web dos premios até o 10 de setembro de 2020.

Máis información nas bases do premio