25 anos da Rede en Galicia

Do ao

Horario: Martes 12 de marzo ás 19:30 horas.

Lugar: Auditorio 2 do Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela.

Código Cero celebra este luns 12 de marzo ás 19:30 unha nova edición do seu Foro Tecnolóxico, que leva por título 25 anos da Rede en Galicia, e co que pretende celebrar a chegada da Internet á nosa comunidade autónoma. O foro terá lugar no Auditorio 2 do Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

No acto, de entrada libre, van participar o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e director do CESGA en 1993, Juan Casares-Long; o subdirector técnico do CESGA e técnico de RECETGA, José Ignacio López Cabido; o responsable de comunicacións do CESGA en 1993, Juan Luis Ruiz Buján; o profesor emérito de Física Teórica da USC, Carlos Pajares; e o autor de Historia da Informática. Unha cronoloxía, Henrique Neira.

Máis información en Código Cero