'Mascaritas, o entroido solitario', de Xoán Crespo

Do ao

Horario: Do 11 de setembro ao 2 de outubro en horario de 17:00 a 21:00 horas

Lugar: Pazo da Cultura. Rúa do Pan, s/n. 15100 Carballo

Desde o 11 de setembro ata o 2 de outubro pódese visitar no 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan, s/n) a exposición Mascaritas, o entroido solitario, de Xoán Crespo, autor galardoado na 13ª edición do Premio Luis Ksado, unha colección que ofrece unha visión moi particular e orixinal do entroido galego. 

O premio Luis Ksado, no que quedaron finalistas autores como Carmen Aguado, Fuco Reyes, Manuel Valcárcel ou Noelia Riobás, trata cada ano de pór en valor a fotografía de proximidade, o documentalismo e o fotoxornalismo.

Máis información na web do Concello de Carballo.