'Illa rota'

Do ao

Horario: De luns a domingo, de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h.

Lugar: Sala de Exposicións do Pazo Municipal. Praza de María Pita, n.1. A Coruña

O Consello da Cultura Galega organiza na  sala de exposicións do Concello da Coruña a mostra “Illa rota. Da II República ao franquismo”, que recolle a transformación e evolución da sociedade coruñesa entre o período que vai da II República ata o franquismo a través da ollada do fotoxornalista Juan Cancelo. A mostra pódese visitar ata o 30 de marzo.

“Illa rota. Da II República ao franquismo” peneira na parte que se puido recuperar do arquivo fotográfico de Juan Cancelo (1892-1987), coruñés que colaborou en varias cabeceiras aínda que foi en El Ideal Gallego onde acadou sona de ser o primeiro fotoxornalista da prensa galega. Outro fotógrafo da Coruña, José Caruncho, foi o encargado da selección do material que conforma a exposición e permite seguir as mudanzas e problemas da cidade da Coruña. A través dun centenar de fotografías recóllense tanto escenas das elites e grupos de poder, como a vida nas rúas, os baños nas praias da cidade, os bailes, o lecer das corridas de touros e dos deportes, e a vida dura das clases populares.

Máis información aquí.