'Fascismos dixitais'

Do ao

Horario: Xoves 28 de febreiro a partir das 18:00 horas

Lugar: Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar. Praza do Obradoiro, s/n. 15705 Santiago de Compostela

Información de contacto:

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Dentro do ciclo Pensarmos, o Consello da Cultura Galega organiza o xoves 28 de febreiro a conferencia Fascismos dixitais, a cargo do xornalista Lluís Bassets. O acto terá lugar a partir das 18:00 horas na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar. Praza do Obradoiro, s/n)

Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa. A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes. Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas.

Lluís Bassets (1950) iniciou a súa carreira profesional en Barcelona a comezos dos anos 70, nos xa desaparecidos Tele/eXpres e Diario de Barcelona. En 1980 fundou e dirixiu o semanario El Món. Pertenceu ao núcleo fundador da edición do diario El País en Cataluña, que empezou en 1982 e na actualidade forma parte do comité de dirección da nova publicación mensual en lingua catalá Política & prosa. Con el dialogará Francisco Castro (Vigo, 1966), licenciado en Filosofía, escritor, editor e un dos pioneiros da blogosfera galega.

Máis información e inscrición gratuíta na web do Consello da Cultura Galega