"Defende A Galega. Para que? Para quen?"

Do ao

Horario: Xoves 13 de xuño a partir das 19:30 horas

Lugar: Museo das Peregrinacións. Praza das Praterías, 2. 15704 Santiago de Compostela

Defende A Galega organiza a súa primeira mesa redonda Defende A Galega. Para que? Para quen?, para debater sobre a situación dos medios públicos galegos e o xornalismo en xeral. O acto terá lugar este xoves 13 de xuño no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela (Praza das Praterías, 2), a partir das 19:30 horas. 

Na mesa van participar Luís Álvarez Pousa, Sonia Vizoso, Margarita Ledo e Virgilio Costas, que estarán moderados por Luis Villamor.