O Colexio de Xornalistas condena a actuación da policía nos traballos de derruba dunha vivenda en Ourense
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar a súa queixa pola actuación da policía esta mañá nas tarefas de derrubamento dunha vivenda en Reza (Ourense). Os corpos de seguridade impediron o acceso ás inmediacións do predio e dificultaron o traballo dos informadores desprazados até ali.