
O Colexio de Xornalistas e a Obra Social "la Caixa" convocan unha nova edición de Xornalismo na Escola “la Caixa”
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa' convocan a quinta edición de Xornalismo na Escola “la Caixa”, o programa de talleres didácticos sobre comunicación para o alumnado galego que xa ten chegado a mais de 10.000 escolares de 3º e 4º da ESO. Seis xornalistas en paro serán seleccionados para impartir os obradoiros en toda Galicia.