Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Xoves, 09 de setembro de 2010 | 07:04

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Como colexiarse

Os xornalistas galegos poden aproveitar as vantaxes da rede para colexiarse a través desta web.

En virtude da Lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, de 24 de febreiro, de creación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e dos estatutos do CPXG aprobados polo Decreto 189/2000 de 29 de xuño, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais só poderán ser membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quenes estean en posesión do título de licenciado en Xornalismo, para o que habilitan as titulacións correspondentes das facultades de Ciencias da Información, Ciencias da Comunicación ou Ciencias Sociais.

Para realizar este trámite pode descargarse este documento (arquivo Microsoft Word), encher todos os campos do formulario, e unha vez cuberto, envialo a través do correo electrónico ao Colexio de Xornalistas.

Os dereitos de colexiación requiren o pagamento de 30´05 euros, máis unha cuota total anual de 72´12 euros, a pagar en senllos cobros de 36´06 euros que se efectúan en xullo e decembro.

Vantaxes de colexiarse

Facerse membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) é a mellor maneira que teñen o/as xornalistas galego/as de defender a profesión e ao tempo contar co amparo da mesma. Sendo colexiado/a o/a profesional conta cun organismo que actúa constantemente na defensa da profesión a nivel ético, competencial, de dereitos, e mesmo laboral; ao tempo que dispón de todas as vantaxes para acrecentar a súa formación de forma continua ou acceder a descontos moi favorecedores en diferentes productos e servizos.

O CPXG conta cun servizo de asesoría xurídica na que a primeira consulta é de balde. En caso de que o/a colexiado/a teña algún problema a resolver, se se trata de pequenos procesos seguiría estando asistido/a gratis; e no caso de procesos de maior envergadura tería un 30% de desconto sobre as taxas dos avogados. Ademais o Colexio ofrece amparo en conflictos de carácter profesional nos que se vexan implicado/as o/as xornalistas colexiado/as.

Para alén diso, cada colexiado/a conta cun carné de prensa co que pode acreditarse como xornalista e como membro do CPXG. O Colexio organiza periodicamente cursos de formación aos que se pode acceder con descontos ou de maneira gratuíta. Por outra banda, o/as colexiado/as teñen acceso privilexiado a información, publicacións, xornadas, debates e foros sobre a profesión.

Como complemento a todo o relacionado coa profesión, o Colexio conta cunha serie de convenios con diferentes empresas mediante os que os/as colexiado/as poden acceder a descontos e tarifas especiais en distintos productos e servizos. O CPXG conta cunha ampla lista de concesionarios de coches, aseguradoras, hoteis, axencias de viaxes, salas de cinema, compañías aéreas, ferroviarias e de autobuses, librerías, clínicas, e outras tendas e empresas nas que aproveitar todas as vantaxes de ter un carné de colexiado/a.

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación