03/09/2010 O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o peche da versión en papel de A Nosa Terra, semanario en galego con máis dun século de historia que deixará de estar nos quioscos como consecuencia da súa precaria situación económica.
03/09/2010 O xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que "espera" que ningún medio de comunicación en Galicia teña que pechar "polo número de subscricións que faga a Xunta" posto que evidenciaría as súas "dificultades", reacción que o BNG cualificou de "cínica".
03/09/2010 O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou que presentará nos próximos meses unha iniciativa nas Cortes Xerais para dar "liberdade" ás comunidades autónomas sobre a xestión das televisións públicas, "incluída a súa privatización".
03/09/2010 Las Provincias TV, a canle da Televisión Dixital Terrestre (TDT) autonómico que a Generalitat Valenciana concedeu a Las Provincias Televisión, cuxo principal accionista é o grupo de comunicación Vocento, despediu o pasado xoves 26 de agosto a 14 dos 18 traballadores do seu persoal.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o peche da versión en papel de A Nosa Terra, semanario en galego con máis dun século de historia que deixará de estar nos quioscos como consecuencia da súa precaria situación económica.
Entrar
02/09/2010 Ante algunhas observacións realizadas ante o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) por persoas achegadas á familia de Sonia Iglesias, a Xunta de Goberno fai un chamamento a medios e a profesionais para teñan unha especial observancia dos condicionamentos deontolóxicos da profesión, en especial os referidos á diferenza entre feitos e suposicións, e ao dereito á intimidade das persoas.
15/07/2010 O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Pereiro, compareceu esta mañá perante a Comisión do Parlamento de Galicia para a reforma da CRTVG, e sinalou a necesidade e urxencia de desgubernamentalizar os medios públicos para garantir que estean ao servizo da pluralidade da sociedade galega, e cumpran o seu papel de servizo público esencial.
02/09/2010 O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Grupo San José, propietario do semanario A Nosa Terra (ANT), o mantemento do máximo número posíbel de postos de traballo neste medio de comunicación.
31/08/2010 A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) publicou un comunicado no que condena o máis recente acto terrorista contra Televisa, no Estado de Tamaulipas, e alerta da escalada da violencia en México, que tamén afecta a xornalistas e medios de comunicación.
02/09/2010 Boa parte do mundo mirará cara a Galicia o día 6 de novembro. Polo menos 150 millóns de persoas farano grazas á televisión. A repercusión da mediática visita de Benedito XVI é o principal argumento esgrimido polo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, para xustificar o diñeiro que terán que desembolsar as arcas públicas durante a vertixinosa estancia papal.

02/09/2010 A presidenta do PP de Castela-A Mancha, María Dolores de Cospedal, propuxo onte privatizar o ente público Radio Televisión Castela-A Mancha (RTVCM), dentro dun plan de 48 medidas 'anticrisis' que será o xerme do seu programa electoral como candidata á Presidencia da rexión.

27/07/2010 O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) formulou ao Goberno estatal unha modificación normativa da Lei Xeral de Publicidade que obrigue en que todos os anuncios que se emitan por canles de televisión sexan accesibles persoas con discapacidade.

26/07/2010 A Axencia de Noticias dos Dereitos da Infancia (ANDI) lanzou a versión en español do portal Cambio Climático, un sitio con recursos para xornalistas que cubran informacións relacionadas con este asunto.
'Heroes e Guerreiros' e 'Doce Cabezas'
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS