Biografía

Naceu en Monforte de Lemos, Licenciado en Periodismo pola Universidade Complutense. Traballou para boa parte dos xornais galegos, en radio (Radio Nacional e Ondas Galicia-SER), e foi guionista e director de programas de TVG e TVE. A maior parte da súa traxectoria profesional desempeñouna en TVE y en El País. Na actualidade ten unha columna semanal en La Opinión de A Coruña e segue a colaborar en El País, e con medios como Público ou Tinta Libre. Promotor de revistas como La Naval ou Bravú, agora e edita e dirixe con Manuel Rivas a revista mensual Luzes. Foi decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas Xuntas de Goberno de 2008-2012 e 2012-2016.