Biografía

Tania Fernández Lombao (Castro Ribeiras de Lea, 1989) é xornalista en Radio Lugo Cadena Ser e profesora asociada da Universidade de Santiago de Compostela no grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese de doutoramento “A Responsabilidade Social Corporativa nas radiotelevisións públicas da Unión Europea”, que obtivo a mención Cum Laude. Colabora co grupo de investigación Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación. Publicou libros e artigos científicos e participou en congresos nacionais e internacionais sobre os medios de servizo público europeos. Ademais de exercer como redactora e locutora radiofónica no servizo de informativos de Radio Lugo, presta apoio de xeito eventual ás axencias de noticias Efe e Europa Press dende a corresponsalía de Lugo.